lunes, 19 de mayo de 2008

Subida Internacional al Fito 08

O finde del 10 e 11 de maio fomonos a Asturias, mais concretamente a Arriondas a ver a Subida Internacional o FItu(como din eles). Primeiramente chegamos a Arriondas para ver o ambiente que tiñan. Achegamonos o parking pechado e levamos unha sorpresa monumental. Corrian Ferraris, e menudos Ferraris, tamen nos demos conta do nivel cando nos demos conta que de asistencia se mandaban de trailer para os tres Ferraris. Outra sorpresa foi tamen que os formulas nesa subida non eran como os das galegas, senon que parecian máis ben un formula un pola estrada do tramo. Despois xa nos fomos para o camping en Ribadesella. Habíamos reservado un bungalog, que resultou ser do máis cuco que xamais viramos, todo de madeira, moi acolledor e con salon-cociña,baño e dúas habitacións.Unha de matrimonio e outra con tres camas en liteira. Na habitación facía un frio de carafio, pero con 4 mantas e abrazados dimos pasado a noite sen demasiado frío.


A mañan seguinte erguemonos as oito para poder sair do camping e ir a subida. Amenceu un día perfecto. Cando nos chegamos estaba chovendo a mares e un día de cans. E agora facía un día perfecto para ir ver unha subida. Chegamos de volta a Arriondas e primeiro contratempo, a buscar parking que estaba todo o pobo a rebosar de coches e xente. O final topamos parking o lado dun regato.


Arrincamos cara a subida e facendo unha paradiña tecnica para comprar comida. Xa no tramo demonos conta do nivel da subida, pola tremenda cola de coches dun nivel impresionante que había para facela e tamen por a saida, toda baiada, con megafonia .....


Despois de facernos un cacho a pe e ver duas pasadas decidimos ir baixando para voltar para a casa.Non sen antes babexar un pouco cos coches, sobre todo co megane trophy de Madaleno, que lle pegou unha estarricada o motor que nos deixou abraiados do ben que soa.


Chegamos o final da subida(bueno o principio). Revimos os coches que viramos nas pasadas e decidimos arrincar xa para a casa. Non sen antes unha babexadiña da nena por un Renault 5 Maxi Turbo 2 que se ven nas fotos. Despois desto para a casa devolta.


Un finde de carreiras inolvidable.


Aqui vos deixo algunhas fotos.

http://picasaweb.google.com/dlorenzolorenzo/SubidaInternacionalAlFitu08

No hay comentarios: