lunes, 5 de mayo de 2008

Ruta primeiro de maio

Despois de aplazar varias veces a ruta por falla de tempo ou por que non nos viña ben, decidimola facer o un de maio. Despois de quedar por email chegou o gran día. Despois de buscar a miña moza/copi, fomos os dous o lugar do encontro ca espera de que chegara o ansiado momento de empezar a ruta e asi pode poñer a probar a emisora que ela me regalara días atrás. Eran as 10 da mañan do día 1 de maio.


Baixamos ata a rotonda onde quedaramos e vemos chegar a Jose co Frontera, que viña acompañado como sempre por Atila, o can,e pola súa parella. Despois dos saudos de rigor faltaba Alberto e o irmán co Montero. O chegar e despois de arrincar hacia os Peares, fixemos unha pequena parada para poder empezar o rutómetro que nos debería levar dende os Peares ata a Gudiña, según a revista levarianos unhas cinco horas pero o final levounos algo máis por que o principio o rutometro non coincidia cos camiños que se atopaban na zona. Fixemos unha parada o lado do encoro de San Estevo para poder discutir sobre o rutometro e meter o WP(way point) no GPS. Pero a primeiraa e desagradable sorpresa foi que estaba o punto pero non indicaba o datum que utilizaban, polo cal primeiro mal estar e andabamos ca mosca detras da orella durante o resto da ruta.




Despois de algunhas dubidas topamos o camiño correcto e fomos dar os aeroxeradores que se encontran pola virxe do monte. Despois de pistear un rato e perdernos máis ou menos optamos pola opción a ir por onde nos coñeciamos ata o mesmo punto que enlazaba no rutometro, as Casetas do Rodicio. Despois dun curto enlace por estrada chegamos a unha pista xa coñecida da outra ruta, pero que desta vez deparaba unha pequena sorpresa, que en vez de ser auga xeada o que había era un vadeo de considerable proporcións.O vadeo daba por a metade da porta. Primeiro pasou Alberto co Montero e o irman subido o teito do coche grabando. Despois pasou Jose, e a min empezaronme a subir as preocupacións a cabeza por que vía por onde chegaba a auga os outros coches.Pero armamonos de valor piloto e copiloto e metemos 2º e para a diante. Dubidando o principio, despois xa fomos pouco a pouco saindo do vadeo e xa as preocupacións foron pasando, ata que o sair dinme que teño un niebla fundido, e eu leveinos acesos o entrar na auga. A parte deso estaba medio foco con auga. Resultou que o final estaba mal posto o faro e non fora toda a culpa miña;)



Despoís pasamos varios charcos e varios chapuzóns co coche collemos dirección a zona de comer que o fixemos nun refuxoque hai pola zoa de Peteros, para despois coller e volver a facer mais pistas e cortalumes para ir tirando hacia peteros e dai ata Campobecerros, e de ahi xa dirección a Gudiña. Pero antes de que rematara a ruta tocaba foto de grupo, na que falla o irmán de Alberto pero que neste caso era o fotografo.


Os componentes da foto: Agachado Alberto. De pe: Olga(parella de Jose),Jose, Eu e a miña nena Mayte.


Despois disto demos por rematada a ruta decidimos ir dirección a casa, quedabannos 110 km que os meus compañeiros decidiron facer por a antiga nacional e non pasar de 80km por hora. Polo cal case me da un infarto e nos eternizamos, por que nin Mayte nin eu estamos acostumados a facer ese tramo de carretera por a nacional nin a esas velocidades, pero bueno como todo tocase amoldar.

O chegar a altura de Xinzo de Limia decidimos non abandonar o monte por completo e facer unhas poucas mans polas pistas da concentración parcelaria. Despois de chegar a conclusión de que xa non había para onde ir pois decidimonos marchar a tomar algo e despois para a casa. Pero o pasar o lado da torre da Pena dicidimos subir a vela, por que polo menos os que iamos no Toyota nunca a viramos. Fixemos unha foto de grupo dos coches;). Frontera (Jose,Olga e Atila), Toyota (Diego e Mayte) e o Montero "abuelo"(Alberto e Moncho).



Despois dunhas poucas fotos da zona vimos un camiño en subida que se complicaba os poucos e levabanos ata un punto xeodesico, que o final da subida deparaba unha pequena sorpresa. Esta era que quedaba o coche en tres rodas o culminala. Eu subín detras do Frontera. O quedarse este eu quedeime a media costa e despois para subir tiven que andar unhos cantos metros cara atrás para poder coller tracción e poder subir.Despoís subiu o Alberto e despois dunhas cuantas fotos para non variar.


Atopamos por casualidade unha zoa de pedra, bastante labrada por o paso de todo terreos ou ATV, unha zoa con un par de zoas de subidas e baixadas con algunha inclinación lateral que outra tamén. O Toy baixou por todas, pero subir non por que non quería chegar ca defensa esnaquizada ou mazada. Nunha das subidas por subir con esceso de impetu saimos un pouco voando e dando unhos poucos botes. Neste aterraxe case lle aplasto unha cámara de video a Moncho, que se lle empezou a subir o acojone por momentos cando viu que o coche arrimabase demáis a cámara. Pero o final quedou a escasos centímetros do coche. Despois de botar ala un rato e o final ter espectadores que viñeron ver os paisaxes, decidimos irnos e baixar por onde antes subimos, sen que se nos subiran as cores nun par de inclinacións laterais en baixada. Aquí no circuitiño haille que dar as gracias a Moncho por a súa labor de copiloto tan ben feita e que nos axudou a pasar sen problemas polos sitios.


Despois desto decidimos irnos tomar algo a unha estación de servizo, non sen antes Alberto meter o coche por unha zoa que parecia imposible de pasar, xa que ca maleza que había non se vía o coche. Ía abrindo el o camiño.O final se non houbera sequía habería un vadeo por a altura da ventanilla, pero estaba completamente seco. Dende ahí fomos a estación de servizo e mentres os demáis estaban a tomar algo eu dediqueime a lavar o coche para que non chegara moi emporcado a casa. Este e o problema de compartir o 4x4 cos pais, jejejejeje.

Por último dar as gracias os meus compañeiros de aventura. Alberto,Jose,Moncho e Olga pola compañía e polo bo facer na navegación co rutometro e tirando de GPS. O can por votarnos as risas con el. E en especial a miña moza/copiloto Mayte por aturarme o vicio, por acompañarme e polas fotos. Gracias a todos. Espero poder repetilo dentro de pouco e poder decir que pasamos o Mal Paso,JEJEJEJEJEJEJEJE( Xa e reto persoal).

Unha foto do Mal Paso ou Pozo Simeón.




Aqui quedan unhas poucas fotos máis da ruta:

http://picasaweb.google.com/dlorenzolorenzo/RutaPrimeiroDeMaio?pli=1

No hay comentarios: