martes, 27 de mayo de 2008

Coche de sustitución

Por séptima vez o Jeep volveume dar faios de electrónica co portón traseiro e despois de porlle unha queixa formal os da Jeep España, levei o coche a arranxar a un concesionario en Madrid TMS Lacombe nas Matas. Despois de botar unha hora esplicandolle todos os faios que ten o coche, pero o mais triste e que non din conseguido sair do taller cun coche de sustitución ata as seis e media.

DIronme un Jeep Cherokee Renegade Extreme. Comparado co meu Grand Cherokee non anda un carallo. Balancea nas curvas mais que un barco nunha tormenta. Non esta mal pero faltanlle cousas.




Esperemos que me reparen rapidamente o meu e que quede completamente ben reparado.

Salón do Automobil Madrid 08

Este pasado fin de semana, máis concretamente o domingo, acercamonos a nena e máis eu o salón do automobil en Madrid. Este celebrabase no recinto ferial Xoan Carlos I. Despois de pagar relixiosamente a entrada de 10€ para poder entrar. Entramos no interior do recinto. Despois de pararnos a pensar en que pabillón sería o primeiro que visitaramos era o pabillón 8 no que estaban todas as empresas que nacen o redor do do mercado automobilistico, tanto limpiar coches sen auga, seguros....


Despois fomos pasando dun pabillón a outro e vendo cada vez máis coches. Os coches que máis chamaban a atención eran: o Nissan GT-R, a presentación mundial do novo Seat Ibiza, o WV Sirocco e algunhos máis. A verdade e que non estivo mal, so que o ser domingo estaba moi cheo de xente e aquelo parecia unha feira mais que unha esposición de coches. Para poder sacar fotos a parte dos enfados que se pillou Mayte por que non daba sacado por que a xente andaba a correr e a cruzarse sen mirar se estaban sacando fotos, se as facias tiñan que ser fugaces, e asi foron as que temos.


Aqui vos deixo un link, espero que vos gusten.

http://picasaweb.google.com/dlorenzolorenzo/SalNDoAutomovilMadrid08/photo#s5204833322580856274

Un saludo

lunes, 19 de mayo de 2008

Ecotrack Sarria 08

O sabado a tarde despois de que eu saira dunha comida familiar, fun buscar a Mayte para ir dar unha volta e decidimos ir ver o parque pechado da Ecotrack(Proba galega de Todo Terreo) a Sarria(Lugo). Chegamos despois dunha hora de coche dende Ourense e topamonos cun unico coche no parque pechado. Achegome o furgon que ten o lado e dime o conducrtor que non e que partiran, senon que se retiran por que as especiais estan feitas a posta para outro que compite e que esta moito mais preparado que os demais.


Despois dunha longa espera empezan a chegar os equipos e poñemonos a falar con todos para sacar conclusions. Todos chegaron a mesma conclusión. As proas especiais eran moi complicadas. Despois de coñercer en persoa a Gusi e sacar unhas cantas fotos decidimos voltar para Ourense dar unha volta e irnos a durmir.



Aqui vos deixo as fotos:
http://picasaweb.google.com/dlorenzolorenzo/Sarria08/photo#5202237388485008258

Subida Internacional al Fito 08

O finde del 10 e 11 de maio fomonos a Asturias, mais concretamente a Arriondas a ver a Subida Internacional o FItu(como din eles). Primeiramente chegamos a Arriondas para ver o ambiente que tiñan. Achegamonos o parking pechado e levamos unha sorpresa monumental. Corrian Ferraris, e menudos Ferraris, tamen nos demos conta do nivel cando nos demos conta que de asistencia se mandaban de trailer para os tres Ferraris. Outra sorpresa foi tamen que os formulas nesa subida non eran como os das galegas, senon que parecian máis ben un formula un pola estrada do tramo. Despois xa nos fomos para o camping en Ribadesella. Habíamos reservado un bungalog, que resultou ser do máis cuco que xamais viramos, todo de madeira, moi acolledor e con salon-cociña,baño e dúas habitacións.Unha de matrimonio e outra con tres camas en liteira. Na habitación facía un frio de carafio, pero con 4 mantas e abrazados dimos pasado a noite sen demasiado frío.


A mañan seguinte erguemonos as oito para poder sair do camping e ir a subida. Amenceu un día perfecto. Cando nos chegamos estaba chovendo a mares e un día de cans. E agora facía un día perfecto para ir ver unha subida. Chegamos de volta a Arriondas e primeiro contratempo, a buscar parking que estaba todo o pobo a rebosar de coches e xente. O final topamos parking o lado dun regato.


Arrincamos cara a subida e facendo unha paradiña tecnica para comprar comida. Xa no tramo demonos conta do nivel da subida, pola tremenda cola de coches dun nivel impresionante que había para facela e tamen por a saida, toda baiada, con megafonia .....


Despois de facernos un cacho a pe e ver duas pasadas decidimos ir baixando para voltar para a casa.Non sen antes babexar un pouco cos coches, sobre todo co megane trophy de Madaleno, que lle pegou unha estarricada o motor que nos deixou abraiados do ben que soa.


Chegamos o final da subida(bueno o principio). Revimos os coches que viramos nas pasadas e decidimos arrincar xa para a casa. Non sen antes unha babexadiña da nena por un Renault 5 Maxi Turbo 2 que se ven nas fotos. Despois desto para a casa devolta.


Un finde de carreiras inolvidable.


Aqui vos deixo algunhas fotos.

http://picasaweb.google.com/dlorenzolorenzo/SubidaInternacionalAlFitu08

martes, 6 de mayo de 2008

Fórmula Un

O finde do 25 o 28 estivemos na f1. A verdade e que a esperiencia e inolvidable. Un sonido da ostia, Unhas velocidades da ostia e un ambientazo moi moi grande. Aínda que estivemos en pelousse o finde foi irrepetible. Despois estivemos por Barcelona de paseo recordando a DTM. Por Salou coñecendoo e vendo unha amiga do que viña con nos.


En resumo unha pasada. Aqui quedan unhas poucas fotos para que o vexades:


http://picasaweb.google.com/dlorenzolorenzo/FRmulaUnoCataluA08?pli=1

lunes, 5 de mayo de 2008

Ruta primeiro de maio

Despois de aplazar varias veces a ruta por falla de tempo ou por que non nos viña ben, decidimola facer o un de maio. Despois de quedar por email chegou o gran día. Despois de buscar a miña moza/copi, fomos os dous o lugar do encontro ca espera de que chegara o ansiado momento de empezar a ruta e asi pode poñer a probar a emisora que ela me regalara días atrás. Eran as 10 da mañan do día 1 de maio.


Baixamos ata a rotonda onde quedaramos e vemos chegar a Jose co Frontera, que viña acompañado como sempre por Atila, o can,e pola súa parella. Despois dos saudos de rigor faltaba Alberto e o irmán co Montero. O chegar e despois de arrincar hacia os Peares, fixemos unha pequena parada para poder empezar o rutómetro que nos debería levar dende os Peares ata a Gudiña, según a revista levarianos unhas cinco horas pero o final levounos algo máis por que o principio o rutometro non coincidia cos camiños que se atopaban na zona. Fixemos unha parada o lado do encoro de San Estevo para poder discutir sobre o rutometro e meter o WP(way point) no GPS. Pero a primeiraa e desagradable sorpresa foi que estaba o punto pero non indicaba o datum que utilizaban, polo cal primeiro mal estar e andabamos ca mosca detras da orella durante o resto da ruta.




Despois de algunhas dubidas topamos o camiño correcto e fomos dar os aeroxeradores que se encontran pola virxe do monte. Despois de pistear un rato e perdernos máis ou menos optamos pola opción a ir por onde nos coñeciamos ata o mesmo punto que enlazaba no rutometro, as Casetas do Rodicio. Despois dun curto enlace por estrada chegamos a unha pista xa coñecida da outra ruta, pero que desta vez deparaba unha pequena sorpresa, que en vez de ser auga xeada o que había era un vadeo de considerable proporcións.O vadeo daba por a metade da porta. Primeiro pasou Alberto co Montero e o irman subido o teito do coche grabando. Despois pasou Jose, e a min empezaronme a subir as preocupacións a cabeza por que vía por onde chegaba a auga os outros coches.Pero armamonos de valor piloto e copiloto e metemos 2º e para a diante. Dubidando o principio, despois xa fomos pouco a pouco saindo do vadeo e xa as preocupacións foron pasando, ata que o sair dinme que teño un niebla fundido, e eu leveinos acesos o entrar na auga. A parte deso estaba medio foco con auga. Resultou que o final estaba mal posto o faro e non fora toda a culpa miña;)



Despoís pasamos varios charcos e varios chapuzóns co coche collemos dirección a zona de comer que o fixemos nun refuxoque hai pola zoa de Peteros, para despois coller e volver a facer mais pistas e cortalumes para ir tirando hacia peteros e dai ata Campobecerros, e de ahi xa dirección a Gudiña. Pero antes de que rematara a ruta tocaba foto de grupo, na que falla o irmán de Alberto pero que neste caso era o fotografo.


Os componentes da foto: Agachado Alberto. De pe: Olga(parella de Jose),Jose, Eu e a miña nena Mayte.


Despois disto demos por rematada a ruta decidimos ir dirección a casa, quedabannos 110 km que os meus compañeiros decidiron facer por a antiga nacional e non pasar de 80km por hora. Polo cal case me da un infarto e nos eternizamos, por que nin Mayte nin eu estamos acostumados a facer ese tramo de carretera por a nacional nin a esas velocidades, pero bueno como todo tocase amoldar.

O chegar a altura de Xinzo de Limia decidimos non abandonar o monte por completo e facer unhas poucas mans polas pistas da concentración parcelaria. Despois de chegar a conclusión de que xa non había para onde ir pois decidimonos marchar a tomar algo e despois para a casa. Pero o pasar o lado da torre da Pena dicidimos subir a vela, por que polo menos os que iamos no Toyota nunca a viramos. Fixemos unha foto de grupo dos coches;). Frontera (Jose,Olga e Atila), Toyota (Diego e Mayte) e o Montero "abuelo"(Alberto e Moncho).



Despois dunhas poucas fotos da zona vimos un camiño en subida que se complicaba os poucos e levabanos ata un punto xeodesico, que o final da subida deparaba unha pequena sorpresa. Esta era que quedaba o coche en tres rodas o culminala. Eu subín detras do Frontera. O quedarse este eu quedeime a media costa e despois para subir tiven que andar unhos cantos metros cara atrás para poder coller tracción e poder subir.Despoís subiu o Alberto e despois dunhas cuantas fotos para non variar.


Atopamos por casualidade unha zoa de pedra, bastante labrada por o paso de todo terreos ou ATV, unha zoa con un par de zoas de subidas e baixadas con algunha inclinación lateral que outra tamén. O Toy baixou por todas, pero subir non por que non quería chegar ca defensa esnaquizada ou mazada. Nunha das subidas por subir con esceso de impetu saimos un pouco voando e dando unhos poucos botes. Neste aterraxe case lle aplasto unha cámara de video a Moncho, que se lle empezou a subir o acojone por momentos cando viu que o coche arrimabase demáis a cámara. Pero o final quedou a escasos centímetros do coche. Despois de botar ala un rato e o final ter espectadores que viñeron ver os paisaxes, decidimos irnos e baixar por onde antes subimos, sen que se nos subiran as cores nun par de inclinacións laterais en baixada. Aquí no circuitiño haille que dar as gracias a Moncho por a súa labor de copiloto tan ben feita e que nos axudou a pasar sen problemas polos sitios.


Despois desto decidimos irnos tomar algo a unha estación de servizo, non sen antes Alberto meter o coche por unha zoa que parecia imposible de pasar, xa que ca maleza que había non se vía o coche. Ía abrindo el o camiño.O final se non houbera sequía habería un vadeo por a altura da ventanilla, pero estaba completamente seco. Dende ahí fomos a estación de servizo e mentres os demáis estaban a tomar algo eu dediqueime a lavar o coche para que non chegara moi emporcado a casa. Este e o problema de compartir o 4x4 cos pais, jejejejeje.

Por último dar as gracias os meus compañeiros de aventura. Alberto,Jose,Moncho e Olga pola compañía e polo bo facer na navegación co rutometro e tirando de GPS. O can por votarnos as risas con el. E en especial a miña moza/copiloto Mayte por aturarme o vicio, por acompañarme e polas fotos. Gracias a todos. Espero poder repetilo dentro de pouco e poder decir que pasamos o Mal Paso,JEJEJEJEJEJEJEJE( Xa e reto persoal).

Unha foto do Mal Paso ou Pozo Simeón.




Aqui quedan unhas poucas fotos máis da ruta:

http://picasaweb.google.com/dlorenzolorenzo/RutaPrimeiroDeMaio?pli=1

lunes, 21 de abril de 2008

Ruta 4x4



En navidades nos fuimos un grupo de 4 coches de ruta por la montaña Ourensana, la verdad es que era la primera vez que iba con mi coche y al principio iba un poquito acojonado pero después de los primeros minutos nos fuimos asentando mi "copi"(Mayte) y yo. Y al final acabamos pasando por los mismos sitios que pasaron mis compis de aventuras ese día.

Pasamos trialeras más o menos complicadas, cortafuegos con nieve y sin ella y bueno, uno desde arriba o desde lejos asustaba pero desde abajo parecia factible. Pero nos quedamos sin remedio en el medio al subirlo.

También acabamos con un vadeo para "lavar" los coches,jejejeje.



Aqui quedan as fotos:

http://picasaweb.google.com/dlorenzolorenzo/Ruta28Decembro2007